O bono da Xunta para activar o turismo galego: "nós pagamos o 60% e a xente o 40%"

Quere activar a campaña #QuedamosEnGalicia con tres bonos de 250, 375 3 500 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este xoves a decisión de ampliar a toda a poboación o bono turístico #QuedamosEnGalicia, que na súa primeira edición beneficio a persoal sanitario e sociosanitario, co obxectivo de mobilizar ao redor de 6,8 millóns de euros no sector turístico e favorecer a súa reactivación.

Con iso, a segunda convocatoria deste bono abrirase a todos os cidadáns maiores de idade empadroados nalgún concello galego, sempre que non fosen beneficiados na convocatoria de 2020. A Xunta asumirá o 60% do custo dos servizos consumidos e os particulares o 40%.

Outra das novidades é haberá tres tipos de bonos: un de 250 euros -150 euros abonados pola Xunta e 100 euros polos beneficiarios-; outro de 375 euros -225 euros abonados pola Xunta e 150 euros polos particulares-; e o terceiro de 500 euros -300 euros pola Xunta e 200 polos particulares-. Só se poderá solicitar un único bono por persoa, entre un dos tres tipos.

Baixo a previsión de que a finais do mes de marzo se faga pública a convocatoria do bono e se abra o prazo para a adhesión das empresas, Feijóo destacou que a data límite para o seu uso será o 15 de decembro de 2021, concedéndose exclusivamente por orde de entrada de cada solicitude.

O titular da Xunta lembrou a boa acollida que o ano pasado tivo a primeira convocatoria do bono turístico, dirixido ao persoal sanitario e sociosanitario. Así, case 20.000 persoas destes colectivos puidéronse beneficiar do bono, 560 empresas e establecementos adheríronse á iniciativa e xerouse un investimento público de preto de 5 millóns de euros.

AXUDAS A RESTAURANTES

Por outra banda, o Goberno galego resolveu os primeiros 840 expedientes de axudas da liña habilitada para apoiar o acondicionamento dos espazos exteriores e os servizos de vendas a domicilio e para levar dos restaurantes e cafetarías.

Deste xeito, facilítase "a máxima seguridade" ao sector da hostalaría no desenvolvemento da súa actividade, é dicir, no marco das medidas de protección da saúde ante a covid-19.establecementos.

Turistas en terrazas
Turistas en terrazas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta