Feijóo apela á "sensibilidade" do Goberno portugués para facilitar a mobilidade transfronteiriza

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/03/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que corresponde ao Goberno portugués decidir sobre a reapertura da fronteira, pero apelou á súa "sensibilidade" para que se valoren vías que poidan facilitar as entradas e saídas de traballadores transfronteirizos.

Neste punto, sinalou que o que pediría é que, se a fronteira segue pechada, "se valore a posibilidade de apertura en prvincias cun punto de acceso ou dous como moito".

"Pero imos ser moi respectuosos. O Goberno portugués é moi serio e ten toda a soberanía para decidir sobre a súa fronteira. Si pido sensibilidade para facilitar as entradas e saídas de traballadores transfronteirizos e do tráfico de mercadorías", resolveu.

Varios axentes da Policía Nacional paran a vehículos nun control na fronteira da Ponte Internacional Tui-Valença
Varios axentes da Policía Nacional paran a vehículos nun control na fronteira da Ponte Internacional Tui-Valença | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta