Cinco concellos permanecerán pechados e oito recuperan mobilidade co resto de Galicia a partir do luns

Outros catro municipios terán nivel de restricións alto (só poden moverse entre eles).

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/03/2021 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

Oito concellos recuperan mobilidade a partir do luns co resto de Galicia, agás catro municipios que terán nivel de restricións alto (só poden moverse entre eles) e os outros cinco que teñen restricións máximas, o que implica peche perimetral, hostalaría pechada e prohibición de reunións con non convivientes.

Ambiente nas terrazas de varios establecementos durante o primeiro día da reapertura do interior dos bares e restaurantes en Pontevedra, a 8 de marzo de 2021
Ambiente nas terrazas de varios establecementos durante o primeiro día da reapertura do interior dos bares e restaurantes en Pontevedra, a 8 de marzo de 2021 | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press.

Concretamente, a partir do próximo luns, pasarán a nivel medio --o que agora mesmo é o xeneral para Galicia-- os concellos da Pobra do Brollón, Lourenzá, Cariño, Miño, Mugardos, Guitiriz, Vilanova de Arousa e Ponte Caldelas, os cales este fin de semana aínda están coas restricións do nivel alto (só se poden mover entre eles e hostalaría só en terrazas).

Mentres, o luns seguirán pechados perimetralmente e con máximas restricións cinco concellos: A Mezquita, Boborás e Vilardevós (na provincia de Ourense); Pontecesures (provincia de Pontevedra, área sanitaria de Santiago); e Paradela (provincia de Lugo).

No nivel alto, a partir do próximo luns, seguirán catro concellos (só pódense mover entre eles). Son os seguintes: Sobrado e Arteixo, provincia da Coruña; Soutomaior, provincia de Pontevedra; e Chantada, provincnia de Lugo.

Estes cambios serán publicados nas próximas horas no Diario Oficial de Galicia (DOG) e entrarán en vigor ás 00,00 horas do próximo luns. O vindeiro martes vólvese reunir o comité clínico que asesora á Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta