Tres de cada catro hostaleiros galegos descargaron xa o código QR obrigastorio

As asociacións confían en que aqueles que aínda teñan "pequenos problemas" os resolvan con rapidez.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/03/2021 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Na medianoite deste venres entrou en vigor a obrigatoriedade de que os establecementos de hostalaría exhiban os carteis cos capacidade permitida, así como o código QR para o seguimento de posibles gromos.

Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela, a 27 de febreiro de 2021
Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela, a 27 de febreiro de 2021 | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Foi tras unha moratoria outorgada pola Xunta, que aprazou unha semana a entrada en vigor desta norma ao detectarse problemas para a descarga na plataforma habilitada, que foron confirmados polas asociacións de hostalaría.

Nesta ocasión, segundo os datos da Xunta, tres cuartas partes dos hostaleiros xa descargaron a documentación, unha cifra elevada tendo en conta que algúns establecementos permanecen pechados.

Son, en concreto, 12.577 dos 16.000 locais rexistrados, que imprimiron un total de 82.640 carteis informativos para os seus clientes.

Despois dos problemas para a descarga experimentados en semanas anteriores, as asociacións de hostalaría apuntaron que a situación se normalizou.

En concreto, en Santiago de Compostela, a maioría dos locais abertos conta coa documentación e, aínda que "pode haber algún problema puntual", confían en que "se emende rápido.

No caso de Pontevedra, Daniel Lorenzo, presidente de Hoempo, apunta que "practicamente o 85% dos locais" tivo problemas á hora de descargar o documento, pero actualmente dispoñen del "un 90 ou 95% dos que están abertos. "Cremos que a principios da próxima semana o 100 por cen terano xa", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta