A loita das mulleres terá o seu graffiti en Pontevedra

A artista urbana Sax realizará un graffiti reivindicativo con motivo do 8M.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2021 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

A artista urbana Sax realizará o próximo 16 de marzo o graffiti reivindicativo programado pola Concellería de Igualdade con motivo do 8M en colaboración coa Urban Culture Factory.

Muro na rúa Cruz Gallástegui
Muro na rúa Cruz Gallástegui | Fonte: PSOE Pontevedra

Os traballos iniciaranse en torno ás 11:00 horas, nun muro de 10 x 2 metros situado á altura do número 12 da céntrica rúa Cruz Gallástegui, estando prevista unha visita da concelleira socialista Yoya Blanco ás 12:30 horas para seguir a marcha da intervención artística.

SAX: REFERENTE FEMININO NO GRAFFITI

A graffiteira Sax, que é unha das artistas máis veteranas neste campo dominado maioritariamente por homes, comezou na súa adolescencia a crear bosquexos que posteriormente foi plasmando en diversas paredes.

A elixida para crear o graffiti, inspirado no cartel deseñado pola artista gráfica Maru Astray para a campaña do 8M, baixo o lema 'Feminismo para cambiar o mundo'; é un referente feminino neste ámbito, cun estilo marcado ademais polo uso de cores, texturas e temáticas que fan alusión ao feminismo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta