Denuncian ante a Garda Civil a "venda ilegal de escopetas" en Internet

Organizacións animalistas trasladaron as ligazóns de varios ofrecementos de armas, como escopetas e rifles para cazar animais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera trasladou á Garda Civil unha denuncia pola "venda irregular de armas dedicadas á caza" a través dun portal de Internet.

Segundo afirman os animalistas, o regulamento de armas de España establece que "só poderán ser obxecto de publicidade en revistas, catálogos ou folletos especializados" e "tanto as páxinas web como os grupos en redes sociais non son nin moito menos espazos cualificados para a actividade comercial relacionada coa caza", apuntan.

A mesma norma, prosegue Libera, "contempla que estes actos son unha infracción de carácter grave, que pode chegar a supor multas económicas superiores aos 30.000 euros" e "levar aparellada a medida accesoria de comiso da arma ofertada, precisamente para evitar novos anuncios ou un acto de compravenda ilegal".

Os animalistas trasladaron as ligazóns de varios ofrecementos de armas, como escopetas e rifles para cazar animais, ante a Comandancia da Garda Civil da Coruña. Libera considera que os anuncios virtuais fomentan a tenencia irregular deste tipo de armas, por creno que "combater este comercio debería ser unha prioridade da Xunta de Galicia e do Goberno central".

Disparando una escopeta de caza
Disparando una escopeta de caza | Fonte: laverdadnoticias.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta