Piden cinco anos de prisión para un acusado de abusar da súa sobriña durante anos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2021 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará a partir do próximo xoves día 25 a un acusado de abusar sexualmente da súa sobriña durante polo menos catro anos, para o que a fiscal solicita cinco anos de prisión.

O Ministerio Público tamén reclama neste caso, que procede do xulgado de instrución número 2 de Ribeira, que sexa condenado a pagar unha indemnización de 10.000 euros e á prohibición de achegarse e comunicarse coa menor.

A moza conviviu esporadicamente co acusado en casa dos avós maternos ou ben na casa do propio acusado, quen, "con ánimo de satisfacer os seus instintos sexuais e consciente do prexuízo á indemnidade e liberdade sexual da moza realizoulle en repetidas ocasiones tocamentos nos xenitais, nos peitos e chupoulle as mamas", segundo o escrito de Fiscalía.

Os feitos ocorreron desde que contaba con oito anos de idade e prolongáronse, aproximadamente, ata que cumpriu 12 ou 13 anos. A menor recibiu asistencia psicolóxica en relación aos feitos relatados pois sufriu "sentimentos de vergoña e culpa así como un conflito e preocupación sobre se este feito podía dividir á familia".

"É por iso que, a data actual, non se revela outra sintomatoloxía derivada dos abusos que previsiblemente poderá aflorar no futuro. A preocupación por manter a unidade familiar impediu a clara expresión da sintomatoloxía derivada dos feitos", segundo o escrito fiscal.

Xuízo
Xuízo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta