O PP pide "controlar" as axudas a empresas tras o rescate a unha aerolínea "vinculada a Maduro"

De Olano sérvese deste "sanguento" caso para insistir en que unha "autoridade independente" reparta os fondos de recuperación europeos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2021 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

O PP pedirá esta próxima semana que o Congreso dos Deputados "controle" e dea "o visto e prace" ás axudas outorgadas a empresas no marco do plan de rescate do Goberno, despois de que transcendese a inxección de 53 millóns de euros á aerolínea Plus ultra.

En declaracións aos medios ofrecidas durante unha visita este sábado a Monforte de Lemos, o vicesecretario de Participación do partido a nivel estatal, Jaime de Olano, criticou a concesión desta contía a unha empresa que está "vinculada aos xerifaltes do Goberno de Nicolás Maduro en Venezuela".

O tamén deputado no Congreso denunciou que o Goberno central 53 millóns de euros "de todos os españois" a esta aerolínea que "non cumpre nin un só dos requisitos da normativa" mentres "se propicia o peche de Ence na provincia de Pontevedra, que dá emprego a máis de 5.000 traballadores", e "baleira de carga de traballo" a Navantia na ría de Ferrol.

Segundo critica De Olano, Plus ultra "non é unha empresa estratéxica, tendo en conta que unicamente ten un avión e opera soamente o 0,03 por cento dos voos de España", ademais de que "ten perdas desde o ano 2015", polo que a súa situación non derivaría da pandemia do coronavirus.

Deste exemplo sérvese o vicesecretario de Participación do PP para insistir na necesidade de que haxa unha "autoridade independente" que decida sobre a repartición dos fondos de recuperación que chegarán a España desde a Unión Europea.

Arquivo - O deputado do PP, Jaime Eduardo de Olano, intervén durante a primeira sesión de control ao Executivo celebrada no Congreso desde que se declarou o estado de alarma o pasado 14 de marzo, un pleno reclamado desde hai semanas pola oposic. Pool - Arquivo
Arquivo - O deputado do PP, Jaime Eduardo de Olano, intervén durante a primeira sesión de control ao Executivo celebrada no Congreso desde que se declarou o estado de alarma o pasado 14 de marzo, un pleno reclamado desde hai semanas pola oposic. Pool - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta