Denuncian a tala indiscriminada de máis de 25.000 metros de bosque autóctono na Ribeira Sacra

Amigas das árbores anuncia que denunciará o "ecocidio" ante as administracións públicas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2021 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Nova mobilización do movemento ecoloxista galego contra dunha tala discriminada que afectaría a unha zona boscosa de especial relevancia. Amigas da Árbores vén de denunciar un “ecocidio feito en pleno corazón da Ribeira Sacra”. Segundo destacan, unha tala tería levado por diante máis de 25.000 metros cadrados que quedaron “arrasados”.

A Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da Unesco. REMITIDA - Arquivo
A Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da Unesco. REMITIDA - Arquivo

A destrución afectaría así a unha fraga autóctona situada no concello de Parada de Sil e que serve de “porta de entrada” a parte dos monumentos máis impactantes da Ribeira Sacra. Segundo destaca a plataforma, tratábase “dunha fraga autóctona centenaria (carballos, bidueiros, amieiros, cerdeiras, salgueiras...)”, é dicir, “todo o sotobosque eliminado, todo o bosque de ribeira a carón do regato da senra ao seu paso pola zona desfeito...”.

A nova da desfeita chega máis de dous anos despois de que a Xunta de Galicia declara a Ribeira Sacra Ben de Interese Cultural, circunstancia que vén de ser lembrada en ton acedo pola plataforma implicada: “como é que non funcionaron os servizos de vixiancia, control, supervisión para evitar a eliminación deste ecosistema de moi alto valor?”, pregúntanse aludindo directamente a varias das Consellerías da Xunta.  

"A PRÁCTICA MÁIS AGRESIVA"

Dende Amigas das Árbores explican que as cortas “a feito” son “a práctica silvícola máis agresiva que se aplica nos montes de Galicia”. Segundo subliñan, “con este método elimínanse tódalas árbores dunha zona producindo eliminación de flora e fauna”, á parte de producir “estragos irreversibles da biodiversidade, perda do solo fértil, erosión, simplificación dos ecosistemas forestais”. Por todo isto anuncian que promoverán “as denuncias correspondentes diante dos organismos públicos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Chasca

Dejando aparte que cualquier tala injustificada es lamentable, 25.000 metros (vamos a suponer que cuadrados) es una superficie de 160 metros de lado, o menos de 4 campos de fútbol, para que lo entienda un periodista. No sé si cualifica como catástrofe ambiental.

1 Almadepato

¿Dónde está el límite?

3 María Reyero Elvira

Por compasión...por ética... por respeto a tod@s... por favor...ya que somos conocedores del desastre que otr@s han causado en sus zonas por falta de conocimiento...de escrúpulos... BASTA YA!!!!!de agredir a la naturaleza, BASTA YA de agredir al futuro de tod@s. Las pandemias son causa de la pésima gestión que el homo "sapiens?" hace con todo lo que le rodea. BASTA YA DE IGNORANTES AL FRENTE DE LA ADMINISTRACIÓN!!! BASTA YA DE ATROPELLOS Y ECOCIDIOS!!!!

2 Sergio

Ir a denunciar algo a las administraciones es como hacer nada

1 Alienao

Están facéndolle sitio á segunda celulosa