Seis falecidos por COVID eleva a 2.342 as mortes en Galicia pola pandemia

Cinco destas mortes rexistráronse o 29 de marzo. Os seis presentaban patoloxías previas segundo Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2021 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron de seis novos falecidos na comunidade galega debido á covid-19 e que elevan a 2.342 o total de vítimas desde o inicio da pandemia en Galicia.

Cinco destas mortes rexistráronse o 29 de marzo. En concreto, un home de 84 anos ingresado no Complexo Hospitalario de Vigo, outro home de 70 anos en Povisa, unha muller de 94 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, un home de 77 no CHUAC e outro de 64 anos que se atopaba no Complexo Hospitalario de Compostela.

O sexto caso rexistrouse leste mesmo martes e tratouse dunha muller de 84 anos ingresada no Hospital Vithas Fátima de Vigo. O seis presentaban patoloxías previas, engaden desde Sanidade.

Unha profesional sanitaria sostén unha xiringa cun viario da vacina contra a COVID-19 de AstraZeneca
Unha profesional sanitaria sostén unha xiringa cun viario da vacina contra a COVID-19 de AstraZeneca | Fonte: María José López - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta