Denuncian un exame de oposición á Xunta por estar "cheo de preguntas mal formuladas"

Educadores sociais que aspiraban á proba anuncian que tentarán impugnar 30 das preguntas do exame por teren sido formuladas de forma "pouco profesional"

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Polémica polos exames da Xunta de Galicia para a escolla de persoal no marco da educación social. Un colectivo de profesionais deste eido vén de denunciar que as probas dispostas pola Consellería de Política Social para acceder a un posto público foron elaboradas de forma “pouco profesional” e anuncian que tentarán impugnalas.

Oposicións ao corpo superior da Xunta.. XUNTA
Oposicións ao corpo superior da Xunta.. XUNTA

A razón da protesta vén porque, de acordo coas mesmas fontes, o exame en cuestión contaba cun bo número de “preguntas mal formuladas” que, ao seu ver, invalidan a proba. Dende o colectivo dos educadores sociais nomean, a modo de exemplo, o caso de preguntas “mal plantexadas” ou “con varias opcións correctas”. Tratouse, en fin, dun cuestionario “plagado de incorreccións e con numerosas preguntas de ser impugnadas”.

Nesa preguntas supostamente impugnables estaría agora a cuestión a dirimir. E é que os educadores sociais que tentaban acceder a ese subgrupo A2 de persoal funcionario, convocado por la Consellería de Facenda e Administración Pública de la Xunta de Galicia, anuncian que “polo menos 30 preguntas van ser recorridas”. A proba contaba, en total, de 150 cuestións. 

O exame, ao que concorreron 1965 aspirantes para un total de 86 prazas, foi, a ollos dos denunciantes, unha proba “que non se axusta en absoluto” á profesión que desempeñan. Por iso esixen á Xunta que proceda á revisión desas cuestión apoiándose en profesionais da educación social. En calquera caso, os aspirantes clarifican que “o dano está feito” e cargan contra a Consellería de Facenda, á que acusan de “demostrar unha falta de interese e respecto total” á profesión.

Alumnos en exames de oposicións en imaxe de arquivo. XUNTA - Arquivo
Alumnos en exames de oposicións en imaxe de arquivo. XUNTA - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Carlos Fidalgo

Pois como todos os de estes exames para política social. Dá para unha escolma ben curiosa. En traballo social preguntaron se a bandeira de galicia tiña fondo branco ou fondo azul. Se o que queren é que as interinas queden coa praza, que lle fagan un proceso restrinxido, como os de promoción interna ou os de funcionarización, porque nestes daba igual ter estudiado tres anos que tres semanas. Foron exames de aprobado xeral. Un engano para a xente que pagou academias e perdeu o tempo