O BNG, contrario a ampliar o toque de queda e o PP lembra que debe adoptala o comité clínico

Os socialistas apostan por ampliar o toque de queda ata as 23.00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2021 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A proposta lanzada polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, de ampliar o toque de queda en Galicia ata as 23,00 horas foi recibida con indiferenza polo resto de grupos políticos con presenza no Parlamento galego.

"Non creo que a evolución da pandemia dependa dunha hora arriba ou unha hora abaixo no toque de queda", sinalou a líder do BNG, Ana Pontón, tras ser cuestionada por unha proposición que fora lanzada minutos antes polo seu homólogo no Partido Socialista galego nas habituais roldas de prensa dos luns na Cámara galega.

Pregutando sobre o mesmo asunto, o portavoz do PPdeG, Pedro Puy, apuntou que "afortunadamente" as decisións relacionadas coas restricións a horarios e actividades corresponden ao comité de expertos articulado pola Xunta de Galicia, que volve reunirse este martes.

Por iso, evitou situarse sobre se cre que unha ampliación do "mal chamado" toque de queda estaría xustificada.

Condutor interceptado pola Garda Civil de Ourense por saltarse o toque de queda e dar positivo en alcol e drogas.. GARDA CIVIL
Condutor interceptado pola Garda Civil de Ourense por saltarse o toque de queda e dar positivo en alcol e drogas.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta