Identificados case 2.000 persoas con 140 propostas para sanción en controis sanitarios realizados en Ourense

As forzas e corpos de seguridade continúan cos labores de prevención fronte á covid-19, levando a cabo controles e dispositivos para asegurar o respecto das distintas medidas decretadas polo Goberno autonómico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2021 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

Un total de 1.989 persoas foron identificadas e un total de 140 propostas de sanción foron elevadas en 395 dispositivos de control e vixilancia sanitaria postos en marcha pola Garda Civil e a Policía Nacional na provincia de Ourense entre o 31 marzo e o 7 de abril. Diso informou a Subdelegación do Goberno na provincia, que sinala que no ámbito da hostalaría realizáronse 179 inspeccións. Ademais, tamén se controlaron 1.465 vehículos.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu este xoves unha nova reunión do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vinculados á actual situación sanitaria.

No encontro, celebrado na Subdelegación do Goberno, participaron responsables da Garda Civil, da Policía Nacional, da Policía Autonómica, da Policía Local de Ourense e representantes da Subdelegación do Goberno e da Xunta de Galicia.

Emilio González sinalou que, tras o intenso traballo realizado durante a Semana Santa, as forzas e corpos de seguridade continúan cos labores de prevención fronte á covid-19, levando a cabo controles e dispositivos para asegurar o respecto das distintas medidas decretadas polo Goberno autonómico, entre elas as referidas a a mobilidade ou as incluídas no Plan de Hostalaría Segura.

O subdelegado destacou que se evidencia "un cumprimento maioritario da normativa, tanto por parte da cidadanía como do sector da hostalaría". Con todo, lembrou a importancia da responsabilidade individual para manter baixo control a cifra de contagios".

Control da Garda Civil na ponte de San José en Galicia.. GARDA CIVIL
Control da Garda Civil na ponte de San José en Galicia.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta