Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2021 | Actualizada ás 09:45
Un accidente de tráfico rexistrado na noite deste pasado xoves con dúas motos e un coche implicados saldouse cunha persoa falecida e dúas feridas na localidade coruñesa de Cabana de Bergantiños.
Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 21,30 horas un particular chamou ao servizo de emerxencias para informar o alcance entre un coche e dúas motos no lugar de Rebordelo, na estrada de Cánduas a Laxe.
Na propia chamada, a persoa alertante afirmou que os implicados estaban feridos e que parecían graves. Por iso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertou á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Unha vez no lugar dos feitos, os servizos sanitarios confirmaron ao 112 que había unha persoa falecida pola que non se puido facer nada e outras dúas feridas que foron trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.