A Xunta busca loitar contra o feísmo con axudas dun millón de euros para máis de 300 actuacións

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/04/2021 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a orde de axudas dun millón de euros, con subvención máxima de 3.000 euros por particular, para que se poidan realizar máis de 300 actuacións contra o feísmo.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, nunha visita a unha vivenda en Trazo
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, nunha visita a unha vivenda en Trazo | Fonte: Xunta.

Así o destacou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha visita a unha vivenda do concello coruñés de Trazo.

Ademais, convida os concellos a divulgar a apertura desta convocatoria entre os veciños, así como a axudalos na tramitación de permisos municipais necesarios para a execución da obra.

Entres as actuacións subvencionables atópanse acabar fachadas, peches e medianeiras, ademais da substitución de peches de formigón por solucións vexetais ou mampostería tradicional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta