A morte dun home de 60 anos en Ourense eleva as vítimas con covid a 2.370

Tiña patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este martes un novo falecido con coronavirus en Galicia. Deste xeito, o total de vítimas desde o inicio da pandemia elévase ata 2.370.

En concreto, trátase dun home de 60 anos que faleceu en Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). A morte produciuse o pasado 12 de abril.

O home, diagnosticado con coronavirus, contaba con patoloxías previas, segundo informou a Consellería de Sanidade.

Unha sanitaria inxecta a un paciente a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense, Galicia (España). Rosa Veiga - Europa Press
Unha sanitaria inxecta a un paciente a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense, Galicia (España). Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta