República e emigración galega.: 90 aniversario

As eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foron determinantes para a proclamación da republica: a pesar de que os monárquicos habían logrando un resultado destacado en votos, as máis importantes cidades do Estado quedaban en mans dos republicanos.

Por Lois Pérez Leira | Bos Aires | 14/04/2021

Comparte esta noticia
En Galicia a proclamación da República foi recibida con gran entusiasmo e manifestacións populares. Vigo é unha das primeiras cidades de todo o Estado español onde ondea a bandeira republicana e anúnciase desde os balcóns do Concello, a noticia da declaración da Republica.
 
Coa declaración da República os galeguistas e de Buenos Aires creen que chegou o momento de presionar no propio Estado español, para que o futuro goberno recolla as aspiracións nacionais de Galicia. Esta análise dos sectores máis avanzados da colectividade galega do Río da Prata, impulsan o envío dunha delegación, para que participe do proceso electoral constituínte.
 
O 7 de maio de 1931 a Xunta Executiva da Federación de Sociedades Galegas acorda a delegación que irá a Galicia: Estaba composta por Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Branco Amor, Francisco Regueira e Pedro Campos Couceiro. Mentres que por Uruguai os galeguistas republicanos envían ao poeta Xulio Siguenza.
 
Branco Amor por falta de recursos económicos, non poderá viaxar cos seus compañeiros, sumándose tempo despois en calidade de correspondente de prensa.
 
Así escribiu a Federación de Sociedades Galegas  Agrarias e Culturais unha páxina gloriosa da  historia de Galicia e o Estado español.
 
Aqueles berros de esperanza seguen vixentes entre os pobos de España.
 
 
 
Viva a Republica española!
 
Viva a Republica Galega!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.