A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, en loita

Profesores e estudantes deste centro acaban de iniciar unha mobilización para recuperar o título de grao, invalidado polo Tribunal Supremo. Din que é un "agravio comparativo" con outras autonomías e denuncian que influirá na depauperización do Patrimonio cultural galego.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 02/10/2013 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Este inicio de curso está sendo moi movido na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, sita en Pontevedra. Desde hai semanas, estudantes e docentes comezaron unha serie de mobilizacións para acadar o título de grao universitario.

Pra iso, pediron xa unha reunión co conselleiro para debater o proceso de adscrición da escola á universidade de Vigo, que é a única vía posible que teñen para defender os dereitos dos estudantes, que se matricularon nun grao que foi invalidado polo Tribunal Supremo. Como consecuencia, agora nin sequera saben que titulación van recibir. 

"Agravio comparativo"

E é que tanto docentes como alumnos insisten en que a adscrición universitaria é a única maneira posible de recuperar o título de grao e de que ese título sexa válido en toda Europa. "O feito de que a escola de Galicia non sexa universitaria implica un forte agravio comparativo con outras comunidades autónomas, de maneira que está en xogo tamén o propio valor da escola de Galicia e do patrimonio cultural galego", suliña a GC un dos profesores do centro.

Ademais, denuncia que o conselleiro leva varios meses negándose inxustificadamente a unha mera reunión co equipo directivo. Por iso, a última decisión que adoptaron foi a dimisión dos membros electos do Consello de Gobermo, así como do Equipo Directivo do centro. Quen non dimitiu é o director xa que entenden que "dita dimisión podería entorpecer as diversas accións que se están desenvolvendo para a consecución da titulación universitaria".

Dimisión do Consello de Goberno

"A dimisión do Consello de Goberno, e as consecuencias da mesma, fundaméntanse na falta de consecución das solicitudes reclamadas á Xunta de Galicia con data 7 de Xuño de 2013. O Consello négase a participar no Goberno dunha Institución Académica cuxos problemas son repetida e sorprendentemente ignorados polo Conselleiro de Educación", denuncia o docente.

Para saber máis desta protesta, pódese seguir o hashtag #DefrauGrados no Twitter.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta