Un total de 20 denuncias nun só día en Santiago por non levar a máscara

O alcalde de Santiago pide prudencia e asegura que en bares e restaurantes "se está cumprindo a normativa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela bateu este xoves o seu "record" de persoas denunciadas por non facer uso da máscara de protección contra a covid-19, cun total de 20.

Así o explicou o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha rolda de prensa na que sacou estes datos de denuncias da Policía Local para seguir pedindo prudencia. "Non me alegra nin me parece unha boa noticia", resolveu.

No outro lado da balanza, Sanchez Bugallo explicou que durante a xornada do xoves realizáronse varias inspeccións en bares e restaurantes, algunhas tras denuncias de particulares, pero en todas elas comprobouse que "se estaba cumprindo a normativa" e que non había irregularidades.

Sobre a evolución do coronavirus na cidade, admitiu que os datos actuais son "bos", con 55 positivos e unha incidencia acumulada a 14 días de 51 casos por 100.000 habitantes, "significativamente mellor que a media de Galicia e moito mellor que a media española".

No entanto, expresou a súa preocupación polo crecemento de casos noutras comunidades e mesmo no conxunto de Galicia e equiparou a evolución do coronavirus a "tirar unha pedra a unha piscina". "É posible que as ondas cheguen antes a uns puntos que a outros, pero terminan chegando a todos", engadiu.

Por iso, clamou, "non pode haber ningunha rebaixa nas medidas de seguriad e de prudencia" e é necesario seguir "respectando as normas". "Que se tomen medidas diferentes vai depender dos datos e do que suceda", lembrou.

Terrazas en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 27 de febreiro de 2021.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Terrazas en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 27 de febreiro de 2021.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta