Unha muller de Cambados enfróntase a 20 anos de cárcere por tentar matar os seus pais incendiando a súa casa

A acusada entregouse nas dependencias policiais o mesmo día dos feitos, en xullo do 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2021 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Unha muller de Cambados (Pontevedra) enfróntase a unha petición de 20 anos de cárcere por tentar matar os seus pais provocando un incendio na vivenda que compartía cos seus proxenitores, que lograron escapar ilesos das chamas.

A Audiencia Provincial de Pontevedra acolle o xoves 22 o xuízo contra esta muller, en prisión preventiva desde o momento dos feitos, cando se entregou voluntariamente no cuartel da Garda Civil. Fiscalía solicita para ela 20 anos de prisión por dous delitos de asasinato en grao de tentativa e outro de incendio.

O suceso tivo lugar a finais do mes de xullo de 2019. A procesada, segundo figura no escrito de acusación do Ministerio Público, tentou acabar coa vida dos seus pais aproveitando que se atopaban durmindo.

Fiscalía sostén que preparou dous puntos da vivenda con material inflamable para que as chamas se expandisen con rapidez. Así, no seu dormitorio acumulou papeis, libros e roupa; mentres que no lado esquerdo da planta baixa da casa colocou leña e un colchón. A procesada supostamente prendeu lume a estes dous puntos da casa ao fío das 06,30 horas da madrugada e abandonou rapidamente o lugar.

Os pais, que se atopaban durmindo no seu dormitorio, espertaron pola acumulación de fume na casa e, tras buscar á súa filla, lograron saír do inmoble sen danos persoais. O incendio foi sufocado polos bombeiros de Cambados, alertados por uns veciño minutos antes das 07,00 horas da mañá.

Dúas horas despois, a presunta responsable do incendio entregouse nas depedencias da Garda Civil reivindicando a autoría dos feitos. Desde entón atópase en prisión provisional.

Ademais dos 20 de anos de cárcere, o Ministerio Público tamén propón que sexa emitida unha orde de afastamento dos seus pais por un período de 8 anos e que a acusada faga fronte aos máis de 3.000 euros que supuxeron os gastos derivados do incendio, que obrigou a que as vítimas tivesen que ser reacollidos.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta