Un ferido de consideración na colisión entre un coche e unha furgoneta na Estrada

O home foi trasladado en helicóptero ao CHUS.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2021 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser trasladado en helicóptero ao resultar ferido de consideración nun choque entre un coche e unha furgoneta ocorrido na tarde do sábado na Estrada (Pontevedra).

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pasados dez minutos das 20:30 horas, cando un particular chamaba á central de emerxencias para informar do sinistro. Aínda que non podía asegurar se había feridos ou atrapados, si indicaba que os vehículos interrompían a circulación.

No transcurso desta mesma chamada, o 061-Urxencias Sanitarias tamén comunicaban ao 112 que acababa de producirse un accidente na PO-841, á altura de Couso, na Estrada.

Ademais, indicaban que un helicóptero medicalizado dirixíase ao momento, posto que no interior dun dos vehículos había un home que non reaccionaba.

Entón, a central do 112 puxo os feitos en coñecemento dos bombeiros de Deza, dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos membros do GES e de Protección Civil da Estrada.

Unha vez no lugar, e cando o helicóptero do 061 tomou terra, os servizos de emerxencias alí desprazados comprobaron que se trataba dunha colisión entre un coche e unha furgoneta. O ocupante do turismo non reaccionaba pero estaba accesible, polo que se descartou o uso de material de excarceración.

O 112 Galicia tamén requiriu a intervención do persoal do servizo de mantemento da vía, que se encargou da reparación dos danos ocasionados na estrada debido ao impacto.

O ferido, pola súa banda, foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta