Ferida unha persoa tras chocar o seu coche cun xabaril en Paderne de Allariz

O home tivo que se trasladado ao Hospital de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/04/2021 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida tras chocar o vehículo no que circulaba cun xabaril na noite deste domingo no termo municipal de Paderne de Allariz.

Atropelo dun xabaril nunha estrada galega.
Atropelo dun xabaril nunha estrada galega.

Segundo informou o 112 Galicia, este sinistro tivo lugar sobre as 22,30 horas e recibiu o aviso a través da chamada dos servizos sanitarios, que indicaron que houbo un choque contra un xabaril en Pardene de Allariz.

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Solbeira, na estrada que leva ata Maceda. O 112 Galicia deu aviso á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de San Cibrao e ao GES de Pereiro de Aguiar.

Finalmente, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia confirmaron que o ferido foi evacuado en ambulancia a un centro hospitalario. En concreto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, foi desprazada ao momento do sinistro unha ambulancia de soporte vital básico, que levou á persna ferida ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta