As infraccións penais diminuíron un 12,8% na cidade de Ourense ao longo de 2020

Por E.P. | OURENSE | 19/04/2021 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello, Telmo Ucha, presidiron este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade, na que se analizou a situación da seguridade cidadá no municipio.

Nela, o subdelegado informou de que as estatísticas da Policía Nacional reflicten un descenso do 12,8% na cifra de delitos cometidos no ano 2020 no municipio de Ourense. Entre os meses de xaneiro e decembro rexistráronse un total de 3.691 infraccións penais neste concello, mentres que no mesmo período de 2019 foran de 4.231.

Emilio González sinalou que, "en liñas xerais, o índice de infraccións penais no Concello de Ourense reduciuse nunha porcentaxe moi importante", aínda que o 2020 "foi un ano atípico no que a seguridade tamén se viu condicionada pola pandemia".

Así, informou de que destaca a diminución dos delitos graves e menos graves de lesións e rifas tumultuarias nun 41,2%; dos delitos contra a liberdade e indemnidad sexual nun 7,4%; das agresións sexuais con penetración nun 40%; dos roubos con forza en domicilios nun 29,9%; e dos furtos nun 37,2%.

Furtos
Furtos | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta