Mobilización no naval ferrolá para esixir carga de traballo nos estaleiros

Piden á Ministra de Defensa que derive a Ferrol a transformación do barco 'Galicia'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2021 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Os operarios do sector naval na Ría de Ferrol, tanto os da empresa Navantia como das compañías auxiliares, volvéronse manifestar na mañá deste xoves, 22 de abril, polas rúas desta cidade para reclamar carga de traballo e que se transforme aí o buque 'Galicia'.

Os traballadores saíron en manifestación sobre as 10,30 horas deste xoves desde o estaleiro de Ferrol e dirixíronse ao Arsenal Militar, onde entregaron unha carta dirixida á ministra de Defensa, Margarita Robles, na que instan á integrante do Goberno a que se acometa a transformación do buque 'Galicia' en Navantia Ferrol, que foi adquirido a unha navieira civil e que será utilizado como barco do transporte, unha vez transformado, polo Exército de Terra.

Segundo trasladou o presidente do comité de empresa da compañía naval pública, Emilio García Juanatey (CC OO), "a transformación do buque 'Galicia' non é unha obra nova e non solucionaría o problema de carga de traballo da comarca, pero si serviría para paliar un pouco a grave situación". Así, detallou que "se o Exército de Terra considera que o buque é necesario e ten que facer esta transformación, non ten sentido que esperemos seis meses ou un ano cando hai aquí unha chea de xente que non ten que facer".

Os traballadores de Navantia pola avenida IrmandiñoS de Ferrol.
Os traballadores de Navantia pola avenida IrmandiñoS de Ferrol. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta