Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 14:59
O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, dixo este venres que o partido non descarta "a posibilidade de participar" na campaña do PP para as eleccións autonómicas da Comunidade de Madrid do próximo 4 de maio, aínda que recoñeceu que "aínda non hai nada previsto".
Preguntado sobre a participación do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, en actos para arroupar á candidata popular, Isabel Díaz Ayuso, Tellado limitouse a responder que seguen "a disposición do PP de Madrid". "Por tanto, o que se poida concretar concretarase en próximos días", engadiu.
En calquera caso, o número dous dos populares galegos confirmou que está "en conversacións habitualmente co partido e as estruturas" a nivel estatal e autonómico, polo que por agora non descarta "a posibilidade de participar" na campaña.
"Apoiámonos mutuamente de forma reiterada, formamos parte dun mesmo proxecto político, que é o PP de España", insistiu Tellado, quen tamén aludiu a "cuestións de axenda" para que a presenza de Feijóo en Madrid aínda non se concretou na primeira semana de campaña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.