(Vídeo) Así foi a escena con armas de guerra que se viviu en Cee

Un home, visiblemente alterado, portou un kalasnikov, pistola e chaleco antibalas. Segundo a Delegación do Goberno, o sucesos podería estar vinculado "posiblemente" co narcotráfico

Por Galicia Confidencial | Cee | 23/04/2021 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Esta pasada madrugada saltaron as alarmas en Cee, onde se viviu algo semellante a unha escena de guerra. Un home, ao parecer, veciño da Coruña, percorría as rúas do centro Cee armado cunha pistola, un chaleco antibalas e unha arma máis potente, un kalasnikov.

Un home cun kalasnikov e unha pistola en Cee
Un home cun kalasnikov e unha pistola en Cee | Fonte: remitida

Pasaban as 7:30h cando a veciñanza alertaba ao 112 e este á Garda Civil, que rapidamente realizada un dispositivo de busca. Segundo puidemos comprobar, o home berraba "Ayúdenme que me van a matar, por favor, me van a disparar"

O home, natural de Muxía, que ademais estaba quebrantando unha orde de alonxamento da súa ex parella que vive en Cee, foi detido finalmente pola Garda Civil, arredor das 9:00h. Nese momento xa non tiña enriba as armas, que foron atopadas, a pistola na zona do Hospital e a ametralladora na canle.

Segundo a Delegación do Goberno, o sucesos podería estar vinculado "posiblemente" co narcotráfico, desbotando en primeira instancia que teña que ver cun caso de violencia de xénero. O home foi trasladado a un centro sanitario por estar baixo os efectos das drogas e o alcohol, e pronto pasará a disposición xudicial. Máis en QPC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta