O desastre de Chernobyl... 35 anos despois

O 26 de abril de 1986 producíase en Ucraína unha das maiores desastres ambientais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 26/04/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O 26 de abril de 1986 ocorría unha das maiores desastres nucleares e medioambientais da humanidade. 35 anos despois recordamos os puntos claves da catástrofe. 

Central Nuclear de Chernobyl
Central Nuclear de Chernobyl

Unha serie de fallos técnicos e de xestión levaron a que na madrugada do 26 de abril se producise unha explosión no reactor 4 da central de Chernobyl, ao norte de Ucraína e a 3km da cidade de Prípiat. A explosión prodúxose pola acumulación de hidróxeno no interior do reactor. Nesa madrugada leváronse a cabo as labores de extinción, na que participaron bombeiros e voluntarios sen saber cales poderían ser as consecuencias da exposición á radiación que se estaba a desprender. 

Non foi ata o día seguinte, 27 de abril, cando se desaloxaron aos máis de 50.000 habitantes de Prípiat, aos que non se lles suministraron doses de ioduro para evitar a acumulación de radioactividade no corpo. A radioactividade detectouse en 31 países de Europa Oriental e Central, e non foi ata o 28 de abril cando o Goberno Soviético anunciou oficialmente a catástrofe. 

Os datos resultantes do desastre contabilízanse nunha trintena de mortes instantáneas entre o persoal que axudou na extinción do incendio, así como se calcula que uns 100.000 falecementos tiveron relación directa coa exposición a altos niveis de radiación. Descoñécese tamén cales son os efectos nos que chaman "fillos de Chernóbyl", os descententes de persoas que viviron o suceso. Ademais, estudos da ONU e OMS calculan que 5 millóns de persoas se contaminaron con radionucleicos e uns 4.000 casos de cancro de tiroides, principalmente entre o sector máis novo da poboación, puideorn ter relación co accidente. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta