(Vídeo) O lume entrou no Teixedal de Casaio, o bosque máis antigo de Galicia

Algúns focos queimaron parte deste espazo único en Galicia. "Non hai medios, o primeiro tras tres días, chegou hoxe. E logo como din que non ardeu case nada se xa co sistema Copernicus vemos que está todo ardido?", apunta un brigadista.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/08/2025 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

O bosque máis antigo de Galicia está en perigo. A pesar de que a grande fronte do incendio que queimou toda Pena Trevinca, o punto máis alto de Galicia, foi contida este martes no Teixedal, o certo é que voluntarios que traballan na zona informan a Galicia Confidencial que na mañán deste mércores reavivaronse algúns focos e algunhas partes desta fermosa fraga arderon.

Partes do Teixedal de Casaio queimadas
Partes do Teixedal de Casaio queimadas | Fonte: remitida

O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras. Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso polo que as tarefas de extinción das lapas son complicadas.

É un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. Ten ó redor de 300 teixos, a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.

SEN MEDIOS

"Non hai medios, o primeiro tras tres días, chegou hoxe. E logo como din que non ardeu case nada se xa co sistema Copernicus vemos que está todo ardido?. Onde está a conselleira de Medio Ambiente. O que está ardendo ten consecuencias tremendas, e non só desde o punto de vista ecolóxica", di Xosé Santos, traballador dos servizos contra incendios consultados por Galicia Confidencial.

O lume entra no Teixedal de Casaio
O lume entra no Teixedal de Casaio | Fonte: remitida

"Enfrentámonos a uns lumes explosivos cun medios inexistentes", apunta. "E porque non se declara o nivel 3 de emerxencias ou pedir axuda a Europa, porque sería recoñecer que son uns fracasados", suliña. Os focos importantes do lume foron contidos por un nutrido grupo de voluntarios este martes, xentes que coñecen a serra, montañeiros e, sobre todo, a veciñanza de Casaio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non se pode ver o vídeo sen estar rexistrado no Instagram de https://es.wikipedia.org/wiki/Mark_... ? Hai liñas vermellas que deberamos ter precaución antes de dalas por boas... https://gamela00.blogspot.com/2019/... Existe algún xeito de ver o vídeo sen rexistrarse na Casa do Demo ?