Destacan a un instituto de Santiago por coordinar dous Eramus+, un deles sobre acoso escolar

O IES Xelmírez I foi o "único centro de toda España" que tratou dous temas, o acoso escolar e o Camiño de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

A Xunta puxo en valor o programa Erasmus+ para a internacionalización e enriquecemento das escolas galegas; un marco no que destacou o IES Arcebispo Xelmírez, en Santiago de Compostela, por ser "o único centro de toda España" que coordinou dous proxectos europeos --sobre acoso escolar e o Camiño de Santiago--.

Así o trasladou este martes o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, durante a xornada de presentación das conclusións dos proxectos 'Tric: Bullying & Ciberbullying' e '+Camiño UNE'. "Sodes un exemplo dun modelo educativo que aposta por tecer redes no ámbito europeo da man da calidade e a innovación educativa", sostivo.

O primeiro destes proxectos céntrase en estudar e concienciar, mediante a realización de traballos e reunións conxuntas , sobre que é o acoso e o ciberacoso e como combatelo. Esta iniciativa conta co valor engadido de poder estudar esta realidade a nivel europeo e chegar a acordos que permitan revisar as políticas internas dos propios centros.

O segundo proxecto baséase no estudo, por parte de docentes e alumnos, do impacto económico, comercial, de patrimonio, social e de sustentabilidade que hai nos lugares por onde transcorre o Camiño de Santiago.

Rodríguez subliñou que estes dous ámbitos "están en estreita conexión coas liñas prioritarias da Xunta". Así, sobre o acoso escolar remarcou que "Galicia foi pioneira cun protocolo específico de prevención e tratamento, e o primeiro de España que tamén recolle o ciberacoso". Achega do Camiño, incidiu en que é "de importancia estratéxica para Galicia, máis no actual contexto do Xacobeo 21-22".

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no IES Arcebispo Xelmírez I. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no IES Arcebispo Xelmírez I. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta