Por SindicatodeXornalistasdeGalicia | | 10/10/2013
Por unha banda, o conxunto de afiliados e afiliadas do Sindicato de Xornalistas de Galicia no ente público consideran imprescindible que a TVG empregue un modelo de servicio audiovisual público e aberto que dea voz a colectivos minoritarios, que traslade as inquedanzas problemáticas de colectivos sociais ou profesionais e que busque e proporcione informacións que a sociedade precise deseñando unha oferta de contenidos máis axeitada á realidade actual.
Ademais, queren alertar da brusca caída da produción propia da TVG e o actual abuso de subcontratas e contratación de persoal externo para asumir tarefas que poderían ser desenvolvidas polo actual cadro de persoal ou polos traballadores e traballadoras que están nas listas de contratación dispoñibles e normativamente conformadas, xurdidas dos procesos de selección da CRTVG.
Para evitar calquera sospeita de arbitrariedade ou favoritismo, dende a sección sindical do SXG na TVG esíxese a máxima transparencia á dirección da CRTVG nosprocedementos que se están a seguir na xestión das listas de contratacións de persoal para as substitucións en caso de baixas, permisos ou por necesidades de produción. Só a través dun proceso claro e transparente poderase levar a cabo uncorrecto uso das listas de substitucións e eliminar o nepotismo do ente público.
A sección sindical do SXG tamén quere advertir aos partidos políticos galegos daindispensable necesidade de que o Consello de Administración do ente resultante das fusións previstas entre as empresas públicas que compoñen a CRTVG reflicta a actual pluralidade parlamentaria sen exclusións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.