O sector de festas e verbenas tamén se mobiliza ante a súa "crítica" situación e pide un plan de rescate

En Galicia hai unhas 450 empresas relacionadas con este segmento de actividade, das que viven unhas 4.600 familias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

Integrantes do sector de servizos de festas populares e verbenas concentraranse este mércores ante o Parlamento de Galicia, coincidindo coa segunda sesión do pleno, para reclamar á Xunta unha mesa de diálogo para acordar pautas de reactivación, así como que se lles teña en conta para as axudas de rescate.

O colectivo representa a unha ampla variedade de empresarios cuxa actividade está intrinsecamente relacionada coa celebración destas festas, como pirotecnias, taberneiros, aluguer de carpas, empresas de xeo, pulpeiros, electricistas ou imprentas, entre outros. Lamentan que os distintos plans de rescate e as mesas de diálogo, centras en hostalaría ou aspectos culturais deste tipo de verbenas, deixáronos de lado, polo cal, tras máis dun ano sen poder exercer a súa actividade, moitos deles tiveron que pechar definitivamente.

Segundo os datos da Asociación de Servizos de Festas de Galicia, en Galicia hai unhas 450 empresas relacionadas con este segmento de actividade, das que viven unhas 4.600 familias e que, actualmente, atópanse nunha situación crítica.

Como xa fixeron por carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este mércores volverán reclamar que os reciba o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, a quen se lle ofrecen para elaborar un protocolo de desescalada que lles permita traballar sen ser "penalizados", así como para tratar a cuestión das axudas económicas para que as empresas eviten a quebra.

Verbena en Mesía.
Verbena en Mesía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta