Sanidade corrixe os datos de vacinación á alza por poboación dependente que di que non computou

Eleva a 262.603 a poboación galega coa pauta completa, o 11,11 por cento e en total suma 3.599 persoas fronte aos datos iniciais

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/04/2021 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade corrixiu na xornada deste martes os datos de vacinación e eleva a 262.603 a poboación galega que completou a pauta desde que se iniciou o proceso de inmunización, ao agregar 3.599 persoas --entre dependentes e persoas vacinadas pola súa vulnerabilidade (por idade)--, o cal tería a súa explicación en que son colectivos aos que se lles administra a marca de Janssen que é monodose e, por tanto, cunha única picada finalizaron a inmunización da estratexia actual. Estas cifras significan que o 11,11 por cento da poboación diana xa está inmunizada coa vacina.

Os datos da web do Sergas presentaban un número de doses administradas máis elevado que o do Ministerio de Sanidade, o cal se explicaba polas horas nas que se pechaba cada informe. Con todo, aínda que a Consellería de Sanidade informaba de pór ao redor dunhas 200 vacinas máis, o Ministerio atribuía a Galicia un dato máis elevado en poboación coa pauta completa, máis de 3.000 galegos máis.

Precisamente este é o dato que corrixiu á alza a Xunta ao longo da xornada deste martes (fronte ao que publicou ás 10 horas na actualización da web). Cos datos actuais, as cifras iguálanse --aínda que non son exactas, isto atribuíble a un desfasamento horario-- ás que difundiu o Ministerio de Sanidade no informe do luns e no informe deste martes (con datos dos días anteriores).

Coa corrección feita ao longo da xornada deste martes, segundo os datos do Sergas, Galicia recibiu 1.208.025 doses de vacinas (1.222.525, segundo o ministerio). Ademais, administrou 1.002.254 dose (1.002.060, segundo o informe estatal).

Sanitaria en zona de vacinación
Sanitaria en zona de vacinación | Fonte: A.Pérez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta