Rueda censura que o Goberno central non convocase a Xunta á reunión sobre a seguridade no Xacobeo

O secretario de Estado de Seguridade reuniuse con mandos da Policía Nacional e Garda Civil para detallar o plan.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/04/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, lamentou que o Executivo estatal non convocase a Xunta á reunión convocada á reunión co secretario de Estado de Seguridade, Rafael Pérez, para acordar o plan de seguridade do Xacobeo 21-22.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, no pleno da Cámara
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, no pleno da Cámara | Fonte: Xunta.

Así o dixo durante un debate sobre transferencias celebrado na Cámara galega este mércores, xornada na que o secretario de Estado de Seguridade, Rafael Pérez, reuniuse con mandos da Policía Nacional e Garda Civil para detallar o plan de seguridade do Xacobeo. Un encontro no que participou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

En concreto, o vicepresidente primeiro da Xunta censurou que o Goberno galego se teña que "enterar pola prensa" de que este mércores en Santiago de Compostela tiña lugar esta reunión para abordar a seguridade con motivo da celebración do Ano Santo.

"Decatarnos pola prensa de que nos presentan un recurso --en referencia á Lei de Saúde--; decatarnos pola prensa de que hoxe está aquí un secretario de Estado para falar da seguridade do Xacobeo sen avisar á Xunta en absoluto; decatarnos de que van catro meses de Xacobeo sen saber cal vai ser o apoio que nos vai a dar o Goberno central; decatarnos de que nos obrigan a ir aos tribunais para que nos dean aquilo que é noso... Todo iso é falta de respecto ao autogoberno", criticou Rueda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta