Ilustración e feminismo na edición de primavera de Compostela Ilustrada

Celebrarase do mércores 5 ao sábado 8 de maio.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/04/2021 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou este mércores a edición de primavera de Compostela Ilustrada, protagonizada por mulleres e que se desenvolverá do mércores 5 ao sábado 8 de maio. Estivo acompañada por Gemma Sesar, coordinadora das actividades.

'Compostela Ilustrada'
'Compostela Ilustrada' | Fonte: Concello de Santiago.

Nesta edición de primavera están programadas 13 actividades que, en palabras da edila, "mesturan ilustración e feminismo". "Trátase de reflexionar, reivindicar, crear; a través da ilustración, do debuxo e do cómic. De pór en valor o papel da muller no pasado, no presente e no futuro", remarcou.

Todas as actividades, que se desenvolverán no Auditorio do Museo das Pregrinacións, son gratuítas.

Os interesados teñen que inscribirse na web de 'Compostela Ilustrada'. Seguiranse en todo momento os protocolos de seguridade establecidos fronte á pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta