Secuenciado polo CISC o virus da covid en augas residuais galegas e identifica a variante en cada zona

O fito alcanzado por este grupo do CSCI permite coñecer "o pool" do virus circulante en cada zona e conseguir a identifiación das mutacións máis frecuentes e aquelas variantes que levan maior risco para os humanos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/04/2021 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Científicos do CISC lograron secuenciar o SARS-COV-2, o virus que provoca a covid-19, nas augas residuais das localidades galegas, un logro que permite identificar que variante circula por cada zona. Os traballos desenvolvidos polo equipo liderado por Antonio Figueras e Beatriz Novoa concluíron coa secuenciación do virus da covid-19 en tres localidades das 15 que forman parte do estudo do proxecto 'DIMcoVAR'.

Así, tras un ano de investigación empregando técnicas de secuenciación masiva, os científicos chegaron a identificar que tipo de SARS-COV-2 circula no concello pontevedrés de Baiona e nas localidades coruñesas de Noia e Melide.

"En Noia e Melide as mutacións detectadas son compatibles coa variante española e europea, mentres que en Baiona destacan as compatibles coa británica, surafricana e brasileira", sinalou Beatriz Novoa, segundo recolle un comunicado de prensa. En relación á circulación do virus en Baiona, os investigadores apuntan á identifiación da proteína 'Spike' como clave para identificar as mutacións procedentes doutras zonas.

O fito alcanzado por este grupo do CSCI permite coñecer "o pool" do virus circulante en cada zona e conseguir a identifiación das mutacións máis frecuentes e aquelas variantes que levan maior risco para os humanos.

Todo iso a través da análise das feces. ."Desde que se detectou o material xenético do virus en mostras de feces de pacientes infectados, houbo un interese a nivel internacional pola monitorización do SARS-CoV-2 en augas residuais", destacan os líderes da investigación, Antonio Figueras e Beatriz Novoa, directores do grupo de Inmunología e Xenómica do IIM.

FASES DO ESTUDO

A investigación iniciouse pouco despois da chegada do virus a España e Galicia desenvolvéndose  en 15 depuradoras de Baiona, Nigrán, Gondomar, Cambados, Moraña, Porto de Son, Muros, Melide, Ares, Cedeira, Noia, Pobra do Caramiñal, Betanzos, Viveiro e Burela.

Nun primeiro momento, as análises centráronse na secuenciación das mostras de auga que deran positivo mediante proba PCR. Con todo, pasados uns meses, os investigadores decatáronse da dificultade de secuenciación das mostras, xa que o virus "áchase moi fragmentado nas mostras de augas residuais".

Desde setembro de 2020, os traballos pasaron a estar enfocados á aplicación de varias metodoloxías para secuenciar as mostras a través de técnicas de identificación masiva que requiren pouca cantidade de material xenético pero que achegan "millóns de secuencias" de SARS-COV-2.

"O conseguir detectar as mutacións que están a circular nunha localidade é moi valioso para identificarvariantes. Hai que ter en conta que nas augas residuais concéntrase todo, incluso os virus de persoas asintomáticas que non acoden ao hospital. De aí a súa importancia", destacou Antonio Figueras.

BAIONA: PREVALENCIA "ABAFADORA" DA BRITÁNICA

Entre os resultados da secuencación do virus nas augas residuais de Noia, Melide e Baiona, destaca a "prevalencia abafadora" da cepa británica nesta última localidade pontevedresa, onde foron identificadas "mutacións únicas" que definen esta variante e, ademais, outras que que a fan compatible coa surafricana, a brasileira e outras.

Ademais, as conclusións do estudo tamén poderían ter aplicacións á hora de adiantarse á detección de novas cepas potencialmente "perigosas" dunha forma prematura. "Todo iso reafirma a importancia da monitorización das augas residuais para o seguimento das novas mutacións do virus que poidan xurdir", incide o CISC.

Análise de augas residuais da Edar de Bens para o estudo do Covid. BRUNO AREA - Arquivo
Análise de augas residuais da Edar de Bens para o estudo do Covid. BRUNO AREA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta