A poboación de oso pardo crece e expándese cada ano, pero a coexistencia con actividades humanas e a conservación xenética seguen sendo desafíos clave para garantir o seu futuro na Cordilleira Cantábrica e Galicia. "Para poder consoliar este proceso é esencial a cooperación continua entre ciencia, conservación e sociedade", advirten Óscar Rivas, presidente da Fundación Oso Pardo, e José Vicente López-Bau, do CSIC.
  comenta   0
Catro alumnas de 4º da ESO do Colexio Santo Ángel de Ourense veñen de ser proclamadas gañadoras do Campus EduCaixa 2025, un prestixioso programa de emprendemento impulsado pola Fundación “la Caixa”, que cada ano selecciona os proxectos estudantís máis innovadores do país.
  comenta   0
nvestigadores de USC, UVigo e CSIC avisan da virulencia destes fenómenos.
  comenta   0
Red Eléctrica descarta un ciberataca ou un fenómeno meteorolóxico como apuntou o luns a súa homóloga de Portugal. O sucedido foi algo "extraordinario" que algúns expertos apuntan que ten que ver coa fontes renovables de enerxía, principalmente, a solar, e, en menor medida, a eólica. Outros, insisten na teoría da conspiración da "potencia extranxeira".
  comenta   0
O cómic, de 14 páxinas, conta a historia de tres novos que vivían nunha aldea onde se daban diferentes problemáticas relacionadas co uso do chan. Todas as edicións pódense consultar na páxina web do CCG
  comenta   0
Os científicos encargados do estudo sinalan que "as causas exactas desta caída aínda non están claras, pero crese que factores climáticos como o aumento da temperatura do mar, a acidificación oceánica e os cambios nos patróns de afloramento poden ser claves".
  comenta   0
O CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), impulsado polas tres universidades galegas, traballa xunto ao CSIC no proxecto DYNAMO-bio, para o desenvolvemento de métodos matemáticos con aplicacións biolóxicas e biomédicas, entre elas, o control do nivel de glicosa nas persoas con diabetes.
  comenta   0
Jorge De Torres Rodríguez, arqueólogo do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, forma parte do equipo que demostra que o Corno de África foi un lugar moi próspero noutra época e que os estados fallidos da actualidade débense "ás divisións artificiais que os imperios coloniais fixeron na zona en séculos pasados, separando poboacións nómades ata en 5 países diferentes".
  comenta   0
"Imos abordar un tema moi importante, porque unha das grandes carencias que ten o sector agrario e gandeiro de Galicia é a produción de forraxe e de alimentos, tanto para o consumo animal como para o consumo humano", detallou o representante da Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega, Jacobo Feijoo.
  comenta   0
Desde hai décadas coñécese a existencia dunha importante sismicidade fronte ás costas lucenses e do occidente asturiano cuxa distribución e características expoñen aínda moitas incógnitas para a comunidade científica
A súa obra, "Tierra Arrasada", é un ensaio sobre a "necesaria resposta ao porqué da guerra e da violencia".
  comenta   0
"Que ocorrerá naquelas zonas tropicais do mundo que están a ser destruídas e das cales apenas sabemos nada? Cantas especies imos perder sen nin sequera documentar a súa existencia?", cuestionan os investigadores.
  comenta   0
O Consello Superior de Investigacións Científicas recibe financiamento do FEMPA para avanzar en proxectos que melloren a sustentabilidade pesqueira e acuícola.
  comenta   0
Pide ao CSIC que se revise o protocolo contra o acoso sexual e as actuacións de todas as partes implicadas a todos os niveis desde que se produciron os feitos, para depurar as responsabilidades que se puidesen derivar.
  comenta   0
Como persoal funcionario de carreira, polo sistema xeral de acceso libre, á Escala de Persoal Investigador Científico de Organismos Públicos de Investigación
  comenta   0
O último reporte da OMS fala de que só na República Democrática do Congo rexistráronse 7.851 casos, o 66 % deles en menores de 15 anos, e 384 mortes entre o 1 de xaneiro e o 26 de maio deste ano 2024. O investigador do CSIC conta ao GC as claves sobre este virus e reflexiona sobre o futuro.
  comenta   0
Arqueólogos, neurocientíficos e psicólogos do INCIPIT-CSIC estarán nunha caseta expositora na feira Alfaroleiros 2024 para amosar a importancia que a oleiría tivo na historia e ten no presente para coñecer o comportamento social dos pobos.
A nova infraestrutura aumentará a capacidade de cálculo e almacenamento científico, o que permitirá que a comunidade científica galega e o CSIC avancen máis rapidamente na innovación e investigación.
  comenta   0
O CSIC avanza no coñecemento do ciclo de vida do polbo na natureza d través do IIM (Vigo) e no marco do proxecto ECOSUMA. O equipo de investigación investigou algúns dos principais aspectos descoñecidos da ecoloxía do polbo común Octopus vulgaris na natureza, especialmente nas súas fases de paralarva e xuvenís.
  comenta   0
Algúns destes indicios apuntan a tipos de sitios ben recoñecibles, por exemplo varias ducias de novas mámoas ou mesmo uns 20 novos castros
  comenta   0
"A maior parte da Historia da Terra estivo dominada polas bacterias, que non se extinguiron aínda que aparecesen seres moito máis avanzados que elas como animais ou o ser humano, e o ser humano desaparecerá e elas seguirán estando aí, polo tanto, se imos buscando vida fóra da Terra, o máis sinxelo é que atopemos seres microscópicos, semellantes ás bacterias", reflexiona a investigadora do CSIC.
  comenta   0
Afortunadamente, como destaca o investigador do CSIC Xosé Antón Álvarez Salgado, na nosa terra hai unha vantaxe: "cando nos metemos cara a plataforma continental e nas rías, grazas ao fenómeno do afloramento, que supón ese ascenso de augas frías que se dá na primaveira e no verán en resposta aos ventos de compoñente norte, ese incremento de temperatura redúcese máis ou menos a unha terceira parte".
  comenta   0
Investigadores do CISPAC e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizarán traballos arqueolóxicos a partir deste luns, 27 de maio.
Esta acción interdisciplinar busca proporcionar coñecementos prácticos que permitan mellorar os sistemas de observación, protexer a biodiversidade mariña e promover prácticas pesqueiras máis responsables.
  comenta   0
Os achegados da desaparecida denuncian que as dilixencias practicadas foron "insuficientes". A resolución é firme e non cabe recurso algún.
  comenta   0
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do grupo Ecoloxía Mariña Integrada (Inmare) do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC, Vigo), lidera unha liña de investigación sobre a ecoloxía espacial de organismos mariños no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, centrándose en especies como quenllas e raias.
Como persoal funcionario de carreira polo sistema xeral de acceso libre, ás escalas de Persoal Científico Titular e Investigador Científico de Organismos Públicos de Investigación.
  comenta   0
Nas últimas horas, nun acto de precampaña electoral, a presidenta do PP de Vigo e varios candidatos visitaban a zona e de novo denunciaban o bloqueo por parte do goberno municipal, que impide o investimento de case 30 millóns de euros (entre os que están os 15 millóns que achegaría a Fundación Amancio Ortega para a construción dunha residencia de maiores).
"Cando son peixes os que acumulan estes plásticos no seu estómago, nós non comemos o estómago, polo que non estariamos a inxerir os plásticos", apuntou a directora do IDAEA-CSIC, Ethel Eljarrat.
  comenta   2