Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/09/2024 | Actualizada ás 13:47
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) inicia seis novas investigacións en Galicia financiadas pola convocatoria para o fomento da economía azul e o impulso da sustentabilidade pesqueira e acuícola, no marco do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) en 2023.
"As investigacións están a iniciarse e terán unha duración máxima de 18 meses", explica. As mesmas desenvólvense coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, e cofinánciase pola Unión Europea polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura).
O obxectivo xeral da convocatoria é apoiar proxectos innovadores que promovan a sustentabilidade das actividades pesqueiras e acuícolas en liña coa Política Pesqueira Común. Divídese en sete eixos: interaccións e impactos; protección do medio mariño; residuos; investigación en recursos mariños e gobernación; sensibilización ambiental; investigación ambiental e acuicultura e coñecemento do medio mariño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.