Galicia suma dous mortos máis con covid-19 e o total de vítimas da pandemia chega a 2.390

Estaban hospitalizadas na Coruña e Vigo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/04/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Outras dúas persoas diagnosticadas con covid-19 faleceron en Galicia, que suma xa 2.390 vítimas mortais da pandemia desde marzo de 2020.

Segundo trasladaron as autoridades sanitarias, unha das mortes produciuse o 29 de abril e a outra este venres día 30. Ambas tiñan patoloxías previas.

O primeiro deceso corresponde ao dunha muller de 76 anos que se atopaba hospitalizada no CHUAC da Coruña, mentres que o óbito deste venres foi un home de 93 ingresado no Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta