Folga de traballadores dunha auxiliar de Inditex para esixir a readmisión dun compañeiro

Foi despedido tras 12 anos facendo o mesmo servizo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/05/2021 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

Os traballadores e traballadoras de Veolia, auxiliar que se encarga do mantemento en Inditex, secundaron este luns unha folga de 24 horas para demandar a readmisión dun compañeiro despedido.

En concreto, segundo informa a CIG, alegan que se procedeu ao despedimento "sen motivo, despois de pasar 12 anos facendo o mesmo servizo". Para dar máis visibilidade ás súas reivindicacións, o persoal fixo unha concentración diante da sede do grupo téxtil en Arteixo, con participación, engade a central sindical, de traballadores doutras contratas e de Inditex.

Sobre a situación deste traballador, explican que Veolia alega "que o posto que ocupaba, mantemento de grupos electróxenos de emerxencia, queda baleiro xa que o servizo vai ser externalizado noutra empresa".

Con todo CIG-Industria sostén que a empresa "en ningún momento valorou que o traballador fose recolocado noutros postos ou mesmo subrogado pola nova contrata, tal e como ocorre noutros traballos que Inditex ten externalizados".

Montaxe dunha tenda de Zara para Inditex
Montaxe dunha tenda de Zara para Inditex | Fonte: dviruta.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta