Temas: FRASEOLOXíA

“Cortar a castaña”, “poñerlles o rabo ás cereixas” ou “marcar os días santos”, equivalentes a “tallar # cortar # partir o bacallau”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 09/05/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

En castelán, para facer referencia a unha persoa ou grupo que son os que máis mandan dentro dunha colectividade, ou que teñen o poder de decisión nun determinado asunto ou sobre unha determinada materia, é habitual dicir deles que son quen cortan/parten el bacalao.

Cesta de castañas. Foto: Marga Méndez
Cesta de castañas. Foto: Marga Méndez

En galego tamén botamos man desa mesma imaxe fraseolóxica, pero dispomos así mesmo doutras secuencias expresivas que fornecen idéntico significado, como imos ver deseguido:

(Ser quien) Cortar # Partir el bacalao

{= (Ser quen) Mandar máis dentro dun grupo ou colectividade, ou (ser quen) ter o poder de decisión nun determinado asunto.}

(Ser quen) Tallar # Cortar # Partir o bacallau

(Ser quen) Poñerlles o rabo ás cereixas

(Ser quen) Cortar a castaña

(Ser quen) Marcar os días santos

Ex.: Por cuestiones de tipo legal es Fabián quien figura en los papeles, pero quien en verdad parte ahí el bacalao es su mujer.

Por cuestións de tipo legal é Fabián quen figura nos papeis, pero quen de certo talla # corte # parte aí o bacallau pero quen de certo lles pon aí o rabo ás cereixas pero quen de certo corta aí a castaña pero quen de certo marca aí os días santos é a súa muller.

● Tamén:

Ser a chave das noces && Ter a chave das noces && Ter a chave da arca

Ex.: Por cuestións de tipo legal é Fabián quen figura nos papeis, pero quen de certo é aí a chave das noces ten aí a chave das noces ten aí a chave da arca é a súa muller.

● Tamén:

(Ser quien) Dirigir # Manejar el cotarro

(Ser quen) Rexer # Gobernar # Manexar # Dirixir o cotarro && (Ser quen) Ter o goberno && (Ser quen) Ter vara alta && (Ser quen) Ter a vara e (mais) a besta &&

● Tamén, nesta mesma liña:

Ser el amo del cotarro # dueño del cotarro && Ser el amo de la baila # el dueño de la baila

Ser o amo do nabal && Ser o amo do curral

● E inda tamén, igualmente neste sentido:

(Ser quien) Atar y desatar && (Ser quien) Pinchar y cortar

(Ser quen) Facer e desfacer && (Ser quen) Atar e desatar && (Ser quen) Picar e tallar

● E incluso, susceptibles de poderen ser usadas nalgún ca outro contexto:

(Ser quien) Llevar la batuta && [E MESMO, EN CONTEXTOS PROBABLEMENTE MÁIS REDUCIDOS]: (Ser quien) Llevar la voz cantante

(Ser quen) Levar o leme # o temón # a batuta && [E MESMO, EN CONTEXTOS PROBABLEMENTE MÁIS REDUCIDOS]: (Ser quen) Levar a voz cantante

● E así mesmo, tamén susceptibles de poderen ser usadas só nalgún ca outro contexto:

(Ser quien) Marcar la pauta # el compás # el paso

(Ser quen) Marcar a pauta # o compás # a voga # o paso

NOTAS:

1. No traballo “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”, de Cerviño Martín, fornécese para a locución poñerlles o rabo ás cereixas un significado en parte distinto:

«Dar a última palabra. Pódese usar ironicamente, para referirse a alguén que considera que ten sempre a razón, ou nun sentido real, para falar dunha persoa que ten a autoridade para tomar a decisión final nalgunha cuestión. Se non se fai como di el xa non lle vale. Ten que ser sempre o que lle pon o rabo ás cereixas. / Eu xa fixen a miña declaración, agora a ver que di o xuíz, el é o que lle pon o rabo ás cereixas

2. Nótese tamén certa relación, e mesmo a posibilidade de confluencia de expresións en contextos semanticamente pouco marcados ou determinados, entre as secuencias expresivas deste artigo e as do próximo, no que abordaremos as expresións equivalentes á castelá tener la sartén por el mango.

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.

- Domínguez Rial, Evaristo: “Fraseoloxía e paremioloxía de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, Carballo e Coristanco”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 13, 2011, páxs. 301-404. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús (dir.): Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo Edicións, Vigo, 1992.

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García, Constantino & González González, Manuel (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. Colección Galicia Viva / Real Academia Galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ano 2004.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “120 locucións verbais galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 373-386. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Otero Álvarez, Aníbal: “Vocabulario de San Jorge de Piquín”. Na revista Verba, anexo 7. Universidade de Santiago de Compostela, 1977.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) & Ernesto González Seoane & María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta