Están os galegos preparados para ter unha vivenda sostible?

Só un 4% dos galegos ten un fogar sostible, aínda que o 80% cre que a sostibilidade é importante.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/05/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O 80% dos galegos considera que é importante ten un fogar sostible pero o descoñecemento dos produtos e o seu custe fai que só o 4% teñen instalados todos os elementos que fan que unha vivenda cumpra cos requisitos de sostibilidade.

Paneis solares en diversas vivendas
Paneis solares en diversas vivendas

Segundo un estudo elaborado pola aseguradora Mutua de Propietarios e Leroy Merlin, o 67% dos fogares galegos teñen instalados catro ou cinco elementos sostibles e un 29% tres ou menos. "Aínda que a nosa conciencia en materia de sostibilidade é cada vez maior, existe certa discordancia entre o que pensamos e o que facemos, quedando claro que aínda queda moito por facer", sinala Christopher Bunzl, director xeral de Mutua de Propietarios.

Segundo o informe, o 76% dos fogares galegos contan con lámpadas LED e un 69% con electrodomésticos A++. Pola outra banda, os que teñen menos presenza son os aireadores de grifos (29%) e os paneis solares (8%), porén estes multiplican a súa presenza nas vivendas construídas a partir do 2011.

FANSE REFORMAS PERO NON SOSTIBLES

O informe desvela que catro de cada dez fogares galegos consultados realizaron algunha reforma nos últimos 5 anos. Porén, so un 27% asegura que o fixeron para conseguir un fogar máis eficiente enerxeticamente. "Cada vez pasamos máis tempo na casa e é unha responsabilidade crear un fogar sostible para preservar o medio ambiente", advirte Bunzl.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta