Por X.M. Fernández | Verín | 06/05/2021 | Actualizada ás 08:35
Trátase dunha iniciativa que pretende poñer en valor o labor docente levado a cabo polo Conservatorio durante todo o curso lectivo no Auditorio Municipal,. Deste xeito, achegarán á cidadanía de Verín diferentes xéneros musicais; dende a música mais moderna ata a máis clásica, sen esquecer tampouco a tradicional.
As persoas interesadas en acudir a algún dos concertos disporán de entradas, dous días antes de cada evento, no Auditorio Municipal de Verín en horario de 17.00 a 20.00 horas.
Malia ser actuacións de carácter gratuíto, o control de aforo realizarase para adaptarse aos protocolos de seguridade sanitaria vixentes.
CONCERTOS PROGRAMADOS
-AUDICIÓN DE PIANO DO CMUS PROFESIONAL DE OURENSE.
Mércores 12 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
-BIG BAND DO CMUS
Xoves 13 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
-TRÍO VOLUNTAS
Sábado 15 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
-CATRO CORES
Sábado 29 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
-CONCERTO BENÉFICO DO CMUS VERÍN
Sábado 5 de xuño, ás 12:00 horas, no patio C.P.R Mercedarios.
-GALA DE GRADUACIÓN | ARTISTAS INVITADAS: CAAMAÑO E AMEIXEIRAS
Domingo 13 de xuño, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.