Temas: JáCOME OURENSE

O alcalde de Ourense acusa a técnicos municipais de facer informes que son o "motivo de riso" doutras administracións

Gonzalo Pérez Jácome di que "non vai tolerar" que lle "tomen o pelo".

Por E.P. | Ourense | 05/05/2021 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O rexedor de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), asegurou que "non vai tolerar" que os técnicos municipais lle "tomen o pelo" con informes que considera que son "motivo de riso" doutras administracións.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press.

Jácome acusou os técnicos municipais de "realizar informes que foron motivo de riso" en administracións de Cataluña, onde estivo de visita. "Vou colgar un cartel que prohiba dicir non", sostivo o rexedor, que asegura que esta palabra é a que "máis escoita" no Concello de Ourense por parte dos técnicos, aos que acusa de "pór trabas" e "tomarlle o pelo".

"Se a chegada do home á Lúa dependese de enxeñeiros do Concello de Ourense, ao foguete aínda lle estarían sacando defectos, estarían a comprobar se o zapato do astronauta é compatible co chan lunar e sen un informe favorable da zapatería o foguete non despegaría", manifestou Jácome antes de preguntarse por que "se tan bos son non van traballar á NASA?".

O rexedor criticou que se lles deu "demasiado poder" aos xefes de servizo pero advertiu que non vai ser " freado" por estes técnicos. "Non o vou a tolerar, vou baixar á area", avisou.

Temas: JáCOME OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Con outras verbas: quero facer escaleiras mecánicas, a ver si a xente pica e volveme a votar, e os técnicos queren facer as cousas polo rego, e cumprir os trámites, e non me deixan. Infantilismo, maneiras barriobaixeiras, nivel cultural moi baixo ¿ Hai quen de mais?

1 jpye

Nivel mental ínfimo, ausencia total de estudos, Jácome é o que é,un producto de fai cincuenta anos.