Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2021 | Actualizada ás 20:08
A Consellería de Sanidade notificou este mércores unha nova vítima mortal con coronavirus. Deste xeito, Galicia rexistra un total de 2.392 mortes con covid desde o inicio da pandemia.
En concreto, trátase dunha muller de 93 anos, que faleceu o pasado 3 de maio no seu domicilio do municipio das Pontes.
Esta persoa presentaba patoloxías previas, segundo os datos facilitado polo Goberno galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.