Santiago acolle desde este sábado e ata o 17 de maio a 40 edición da Feira do Libro, con máis de 60 actividades

A organización manterá o dispositivo de seguridade do pasado ano

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/05/2021 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A capital galega acollerá desde este sábado e ata o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, a 40 edición da feira do libro de Compostela, que regresa con máis de 60 actividades e nun formato similar ao do pasado ano.

Programa da feira do libro de Compostela de 2021.
Programa da feira do libro de Compostela de 2021.

Santiago será así a seguinte parada no calendario das feiras do libro da Federación de Librarías de Galicia. Como cada ano, o evento situarase na Alameda compostelá.

A feira inaugurarase este sábado ás 12,30 horas co pregón da autora Arantza Portabales, pero permanecerá aberta o resto de xornadas en horario de 11,30 a 14,00 horas e de 17,30 a 21,00 horas. Ademais dos postos, máis de 60 autores participarán en actos de firmas de exemplares, entre eles Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Antón Reixa ou Ledicia Costas.

O acto foi presentado este xoves en Compostela da man do presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Domínguez, o edil de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo de Santiago, Gumersindo Guinarte, e do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta