A Alameda compostelá albergou este sábado a inauguración da Feira do Libro de Santiago, unha cita literaria que estará instalada na zona central do parque ata o 11 de maio e que contará coa participación dunha vintena de librarías e editoriais, ademais de incluír unha programación composta por máis de 70 actividades.
A cita inaugural será en Ferrol, do 19 ao 21 de abril, seguida de Santiago de Compostela do 27 de abril ao 5 de maio. O mes de maio tamén haberá feiras no Porriño, do 9 ao 12, e Lugo, do 13 ao 17. Os meses de xuño e agosto as citas literarias serán en Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e, por último, Monforte de Lemos.
  comenta   0