Comezan as Feiras do Libro de Galicia: Ferrol abre o calendario o día 19

A cita inaugural será en Ferrol, do 19 ao 21 de abril, seguida de Santiago de Compostela do 27 de abril ao 5 de maio. O mes de maio tamén haberá feiras no Porriño, do 9 ao 12, e Lugo, do 13 ao 17. Os meses de xuño e agosto as citas literarias serán en Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e, por último, Monforte de Lemos.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 05/04/2024 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Ferrol será a primeira localidade, dun total de 13, en celebrar a súa Feira do Libro deste ano, que se celebrará a partir do día 19 de abril. Nesta ocasión, as feiras contarán con "máis charlas literarias, máis actividades, máis autores e, sobre todo, máis foco que nunca nos lectores".

As feiras levan por título 'Atopa a túa historia', dado que "hai tantas formas de ler como lectores", explicou a contable da Federeción de Librarías de Galicia, Patricia Porto, este venres na presentación do calendario da iniciativa, na que tamén participou o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Estas actividades forman parte do convenio de colaboración entre a Federación e a Consellería de Cultura Educación, Formación Profesional e Universidades, que "permitirá que as librarías galegas sexan máis competitivas e un lugar privilexiado de encontro de autores", tal como sinalou o vicepresidente da Federación, Óscar Porral.

Así mesmo, as librarías asociadas terán como ferramenta, neste 2024, unha intranet (conexión interna entre elas) para, segundo Porto, un "traballo moito máis coordinado, activo e atractivo". Neste sentido, Óscar Porral destacou dous aspectos que impulsan esta novidade. Por unha banda, establecer un relatorio de autores e, polo outro, minimizar a falta de persoal formado e específico para o traballo en librarías.

Pola súa banda, o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, subliñou que Galicia ten "a rede de librarías máis densa de España", polo que considera "fundamental" esta renovación do acordo, así como a súa ampliación económica. Anxo Lorenzo adiantou unha nova actividade que se dará nos últimos meses do ano, despois das feiras, dirixida á "difusión de libros e autores nas propias librarías", ademais doutras relacionadas con cursos sobre Intelixencia Artificial.

CALENDARIO

A cita inaugural será en Ferrol, do 19 ao 21 de abril, seguida de Santiago de Compostela do 27 de abril ao 5 de maio. O mes de maio tamén haberá feiras no Porriño, do 9 ao 12, e Lugo, do 13 ao 17. Os meses de xuño e agosto as citas literarias serán en Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e, por último, Monforte de Lemos.

De esquerda a dereita, Patricia Porto, Anxo Lorenzo, Óscar Porral e  María Cristina Rubal na presentación de 'Atopa a túa historia', feiras de libros en Galicia.. FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS DE GALICIA
De esquerda a dereita, Patricia Porto, Anxo Lorenzo, Óscar Porral e María Cristina Rubal na presentación de 'Atopa a túa historia', feiras de libros en Galicia.. FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta