Convocan unha concentración na Coruña por unha "transición enerxética xusta" nas Pontes

Será este venres, ás 12,00 horas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/05/2021 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O comité de crise ante o peche da central térmica das Pontes convocou para este venres, ás 12,00 horas, unha concentración na Coruña, ante a Delegación do Goberno en Galicia, en demanda dunha "transición enerxética xusta".

Transportistas de carbón bloquean as saídas da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Transportistas de carbón bloquean as saídas da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña) | Fonte: Europa Press - Arquivo.

Segundo expoñen, fano despois de que o pasado 27 de abril solicitasen ao Ministerio de Industria a convocatoria urxente da Mesa de Transición Xusta das Pontes, "sen que, a día de hoxe, teñamos concreción da mesma".

Preguntado este xoves pola situación na central e empresas auxiliares, o presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, remitiuse ao acordo estatal para facer fronte á situación laboral e a participación de traballadores no desmantelamento da central. Tamén aludiu ao "compromiso" de Endesa para "o mantemento dos postos".

"Endesa que ten proxectos expostos en Galicia e que como expresa non se quere ir de aquí, ten que mostrar un compromiso social, de investimento co territorio que pasa por manter persoal propio como de auxiliares". "Non só no traballo de desmantelamento, se non na incorporación a proxectos futuros", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta