Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/05/2021 | Actualizada ás 16:17
O secretario xeral de Podemos Galicia e deputado de Unidas Podemos-Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, explicou que unha das razóns polas que puxo a denuncia polas ameazas recibidas en redes sociais débese á necesidade de "visibilizar" o "odio" que tamén se expresa contra outras persoas sen cargos públicos como el desde a "extrema dereita".
A preguntas dos medios, indicou que, unha vez posta a denuncia na comisaría, agora daráselle traslado ao Xulgado e á Fiscalía.
"Nós non queremos darnos un trato especial, porque é certo que se sinalaba a dous cargos públicos, pero tamén a outros militantes. Como cargos públicos temos a responsabilidade de sinalar como cidadáns para xente do ámbito social, é máis difícil, e tamén están a sufrir (estes ataques)", manifestou.
Ademais, como xa indicou este xoves, fixo un "chamamento" tanto ás forzas de seguridade para "actuar con contundencia democrática na escala de odio da extrema dereita".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.