Conde resalta que a Xunta presentou un informe negativo a catro proxectos eólicos do Goberno central en Galicia

O vicepresidente económico da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, transmitiu este e outros puntos nunha reunión de traballo de dirixentes do PP.

Por E.P. | LUGO | 08/05/2021 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou que o Goberno galego busca o "equilibrio" entre o desenvolvemento territorial e o respecto ao medio ambiente.

Conde participou este sábado nunha reunión con alcaldes, portavoces e outros representantes popular impulsada pola presidenta provincial do PP, Elena Candia, para informalos das actuacións da Xunta en materia eólica.

Con esta nova reunión de traballo, da que informou o PP de Lugo nun comunicado, dáse continuidade aos encontros que mantén a presidenta provincial cos representantes do PP da provincia de Lugo, que "son as ligazóns para trasladar as necesidades dos veciños ás institucións onde o PP ten responsabilidades de goberno".

Neste sentido, agradeceu a participación do vicepresidente segundo, que deu resposta á invitación para trasladar a "máxima colaboración da Xunta cos concellos en materia eólica".

Os dirixentes populares manifestaron que o obxectivo do Goberno galego é o de buscar o equilibrio entre o desenvolvemento industrial e o respecto ao medio ambiente".

Ademais, os tamén deputados no Parlamento de Galicia destacaron que a aprobación na Cámara galega da Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia "garante que o desenvolvemento do sector eólico en Galicia faise de forma ordenada e cumprindo con todos os principios". Así, entre outras cuestións, lembraron que dentro do marco normativo actual non se poden desenvolver parques eólicos en rede natura.

Conde incidiu, ademais, en que "a Xunta aposta polas enerxías renovables e, en concreto, polo sector eólico". Tendo en conta que "imos de camiño dunha economía máis verde e sustentable, o compromiso coas enerxías limpas e alternativas ten que ser total porque dese compromiso vai depender a competitividade da nosa industria e a reactivación da nosa economía", dixo.

Con todo, incidiu en que o procedemento de autorización dun parque eólico que depende da Xunta conta con "todas as garantías xurídicas, técnicas e ambientais".

Ademais, informou de que a Xunta xa emitiu un informe negativo de catro proxectos eólicos que tramita o Goberno central a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e que se instalarían en cinco municipios da provincia de Lugo. Trátase dos proxectos de Boura (Abadín), Xistra (Baleira), Borrasca (Mondoñedo) e Levante (As Nogais e Triacastela).

Francisco Conde.
Francisco Conde. | Fonte: XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta